Os días 25, 26 e 27 de xullo de 2025, Camariñas celebrará unha nova edición de O Encaixe no Camiño, o evento que pon en valor a historia e a tradición das palilleiras e o encaixe de Camariñas. Este ano o programa combina cultura, historia e gastronomía para ofrecer unha experiencia completa aos visitantes.
O evento inclúe demostracións de encaixe en directo a cargo das palilleiras de Camariñas, talleres participativos e un desfile de moda con pezas elaboradas con encaixe tradicional. Como novedade, este ano amplíase o programa con representacións históricas que recrearán a visita do Rei Afonso IX e a lenda da dama italiana que introduciu esta técnica na zona.
O Mercado Medieval ocupará o paseo marítimo con postos de artesanía, comida tradicional e espectáculos de música e teatro. Paralelamente, celebrarase a Festa do Marisco na Praza do Mercado, onde se poderán probar os pratos típicos da ría preparados polos hostaleiros locais.
Para máis información sobre horarios, actividades e puntos de inscrición, os interesados poden consultar a páxina web oficial ou poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios de Camariñas a través dos teléfonos 662 488 253 / 647 608 158 ou do correo electrónico asociacionempresarioscamarinas@gmail.com.
Cartel do Encaixe no Camiño

Cartel do Mecado Medieval

Cartel da Festa do Marisco
