Aberto o prazo para solicitar posto no Mercado Medieval de Camariñas 2026

Aberto o prazo para solicitar posto no Mercado Medieval de Camariñas 2026

📅 Días: 24, 25 e 27 de xullo de 2026

Con motivo da celebración do evento “O Encaixe no Camiño”, a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas organiza o Mercado Medieval de Camariñas 2026, que se celebrará os días 24, 25 e 27 de xullo na vila de Camariñas.

Dentro da programación desta cita cultural e turística, o mercado contará cunha ampla variedade de propostas artesás e ambientación medieval, con música, espectáculos e actividades durante toda a fin de semana.

O prazo para inscribirse como feirante xa está aberto. As persoas interesadas deberán ter en conta e aceptar as seguintes bases de participación:

  • Prazo e inscrición: A solicitude de praza deberá formalizarse en tempo e forma. O prazo para enviar solicitudes remata o venres 10 de xullo. A inscrición realizarase exclusivamente por vía telemática, a través dun formulario que se facilitará proximamente. É imprescindible achegar dúas imaxes do posto onde se vexan claramente os produtos a ofrecer.
  • Criterios de selección: A organización valorará criterios como a participación en edicións anteriores, a orixinalidade e calidade artesanal dos produtos, a variedade das propostas e o equilibrio global do mercado. As solicitudes non seleccionadas quedarán en lista de agarda e, se se producen baixas, contactarase para formalizar a inscrición.
  • Confirmación: A presentación da solicitude non implica a aceptación automática da participación no mercado. Unicamente aquelas solicitudes que sexan previamente aceptadas pola organización recibirán un correo electrónico coa confirmación da súa participación e coas indicacións necesarias para formalizar a inscrición.
  • Prezo/Taxa: O importe establecido será de 30 euros para postos de ata 3 metros lineais, aboándose a cantidade proporcional correspondente no caso de superar dita medida. A taxa é única e en ningún caso se fará a devolución da mesma unha vez aboada, salvo causa moi xustificada.
  • Medidas dos postos: Os postos deberán adaptarse ás medidas indicadas na inscrición, deixando ademais un metro de paso entre postos. Se na montaxe se comproba que non se respectan as medidas comunicadas, a organización poderá, baixo o seu criterio, impedir a participación.
  • Montaxe e vehículos: A posición de cada posto será asignada pola organización. Os postos montaranse preferentemente o venres día 24 de xullo a partir das 10:00 horas. Non se poderá montar sen previa autorización. Para facilitar a montaxe, os vehículos deberán retirarse do espazo o antes posible tras descargar. No caso de non cumprirse este procedemento, a Policía Local poderá ordenar o desaloxo do vehículo ou impoñer sanción.
  • Horarios de apertura:
    • O mercado abrirá ás 17:00 horas do venres 24 de xullo.
    • Sábado 25 e domingo 27 de xullo: Horario de apertura de 11:00 a 21:00 horas.
    • Os actos de celebración comezarán ás 11:00 horas do sábado 25 de xullo.
  • Servizos dispoñibles: Os postos dispoñen de toma de luz e auga, poden facer uso dos baños e estamos xestionando a posibilidade de acceder a duchas.
  • Exclusividade artesanal: Non se aceptan postos de revenda nin de produtos de segunda man. Só se admitirán produtos artesanais.
  • Ambientación obrigatoria: Será obrigatorio que os feirantes vaian vestidos con traxe de época medieval e decoren os seus postos en coherencia coa ambientación do evento.
  • Dereito de exclusión: A organización resérvase o dereito de excluír calquera posto o día do evento se non cumpre estas normas, sen dereito a reembolso. Así mesmo, non se devolverá o importe da inscrición en caso de inasistencia por parte do feirante.

📩 Contacto e máis información

👉 Correo electrónico: asociacionempresarioscamarinas@gmail.com

Camariñas agárdate para gozar dunha fin de semana máxica, chea de historia, tradición e artesanía no Mercado Medieval de 2026.

Sobre a nosa asociación

Logo Asociacion Empresarios Negro

Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas

Contacta con nos

Pulsa no seguinte botón para contactar coa organización de O Encaixe no Camiño

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad